Universidade de Santiago de Compostela, do 2 ao 4 de setembro de 2014                                                                        USC     SELGYC

COMUNICACIÓNS E PÓSTERS

- Liñas de traballo
- Presentación
- Modelo de comunicacións
- Exposición de pósters de estudantes de posgrao - XX Simposio da SELGYC

LIÑAS DE TRABALLO

Desde o comité organizador do simposio suxírense as seguintes liñas de traballo para as comunicacións:

TEMA I. Literaturas europeas: refraccións da identidade europea

1. Literatura e identidade transeuropea
2. Literatura/s europea/s e literaturas nacionais. Literatura europea e literatura mundial
3. Novas formulacións da literatura europea como res publica literaria
4. Tradución e literaturas europeas en linguas de maior/menor difusión 5. A literatura europea no EEES Darase preferencia aos enfoques comparatistas.

TEMA II. Os xéneros da memoria

1. Cara a unha xenealoxía comparada da memorialística
2. Aspectos mnemotécnicos da literatura
3. Literatura e/como lieux de mémoire. Memoria como cultura
4. Literatura e memoria colectiva: trauma
5. Memoria material: relacións interartísticas e intermediais Darase preferencia aos enfoques comparatistas.

TEMA III. Novas literaturas híbridas

1. Formas de glocalización literaria
2. Hibridación literaria en zonas de contacto
3. Literatura de migración/ Literatura migrante
4. Recepción como medio de hibridación
5. Literaturas híbridas e tradución

........................................................................................................................................................................ Arriba

PRESENTACIÓN

As persoas interesadas en presentar unha comunicación, unha mesa redonda ou un panel de varias comunicacións relacionadas entre si, deberán enviar un resumo de 300 palabras e os datos que figuran no modelo de comunicacións ao seguinte enderezo electrónico: secretaria.selgyc20@gmail.com. É importante que nas propostas figuren todos os datos solicitados no modelo, xa que de non ser aí, serán devoltas.

O prazo de presentación pecharase o 7 de xullo de 2014 . Logo desta data, o comité científico procederá á avaliación de todas as propostas recibidas e notificará ás autoras e autores a resolución antes do 28 de xullo de 2014.

Como vén sendo norma nos congresos da SELGYC, para a inclusión das comunicacións no programa definitivo, será condición indispensábel, ademais de efectuar os trámites oportunos de inscrición no congreso, que os seus autores sexan membros da Sociedade e estean ao corrente no pago das súas cotas.

Unha vez recibida a notificación de que unha comunicación foi admitida, as persoas que non sexan socias poderán adquirir esta condición mediante os procedementos estabelecidos pola SELGYC, que se levarán a termo de forma directa coa SELGYC e non co comité local organizador do simposio.

Lémbrase que a cota anual da SELGYC é de 42€, e que a condición de socio ou socia dá dereito, ademais de a participar nos congresos e simposios que organice a Sociedade, a recibir gratuitamente a revista 1616: Anuario de literatura comparada, as actas dos congresos e os boletíns informativos da SELGYC con noticias e convocatorias relacionadas co comparatismo.

........................................................................................................................................................................ Arriba

EXPOSICIÓN DE PÓSTERS DE ESTUDANTES DE POSGRAO

Desde a sección de mocidade investigadora invítase a todo o estudantado de posgrao que estea realizando actualmente a súa tese de máster ou de doutoramento a que envíen as súas propostas para unha exposición de pósters que terá lugar no próximo XX Simposio da SELGYC (Universidade de Santiago de Compostela, 2-4 de setembro de 2014).

Desde o comité organizador do simposio suxírense as seguintes liñas de traballo para os pósters:

  1. Literaturas europeas: refraccións da identidade europea
  2. Os xéneros da memoria
  3. Novas literaturas híbridas

As e os poñentes seleccionados deberán realizar unha breve exposición (5 minutos) do seu traballo. O día e a hora da exposición sinalaranse no programa do simposio. Todas as persoas que expoñan recibirán constancia da súa participación.

Bases de participación:
Todas as propostas deberán enviarse a Ana González-Rivas Fernández (vogal da mocidade investigadora da SELGYC): anagonfer27@telefonica.net .
Data limite para o envío de propostas: 7 de xullo do 2014.

Formato das propostas:

As propostas enviaranse en español ou inglés. Estes serán tamén os idiomas para a presentación do póster.

Formato do póster:
Presentarase un cartel en inglés e español, de tamaño DIN A0 (841-1189 mm), coa seguinte información:

•  TÍTULO
•  AUTOR ou AUTORA
•  INTRODUCIÓN (marco teórico e hipóteses de investigación)
•  OBXECTIVOS
•  MÉTODO
•  DESENVOLVEMENTO (puntos principais)
•  DEBATE
•  CONCLUSIÓNS
•  BIBLIOGRAFÍA PRINCIPAL

Os pósters deberán colocarse na área asignada o día 3 de Setembro ás 9.00 da mañá. Entre 17.30 e 18.30 da tarde, os investigadores presentarán os seus pósters. Estes deberán permanecer durante ese día no Simposio, e deberán retirarse ao finalizar a xornada. As autoras e autores responsabilizaranse da súa montaxe e retirada.

Formato de inscrición:
Lembramos que os mozos investigadores que presenten pósters farán a inscrición en calidade de estudantes (20€). Para máis información sobre a inscrición no simposio, consulten a sección Inscrición.



........................................................................................................................................................................ Arriba